xoves, 13 de decembro de 2018

Obradoiro de Jumping Clay Decembro 18


Un ano máis, os nenos e nenas do Rocío participaron animadamente no obradoiro de Jumping Clay que tradicionalmente ven organizando a ANPA. Nesta ocasión, e dadas as datas de Nadal, os nosos pequenos e pequenas creativas fixeron a figura da porta da casa de Papá Noel. O obradoioro tivo lugar nos días 12 e 13 de Decembro e tivemos pleno de asistencia! Un total de 90 nenos e nenas, 45 cada día. Como parte da ANPA, tivemos a sorte de poder estar alí dentro e poder comprobar o ben que o pasaron, a concentración que tiñan seguindo as indicacións das monitoras e a ilusión que mostraban a medida que iba avanzando a figura. Os  maiores, perfeccionistas e metódicos e os mais pequerrechos seguían as indicacións ao detalle. Asombroso tamén como os maiores axudaban aos pequenos e compartian a plastilina. 
Foi toda unha festa do Jumping Clay, unha hora onde a súas máns fixeron arte e saíron felices ensinando ás familias a figura que tan ben remataran.



Seguiremos apostando por actividades que axuden a desenvolver a súa creatividade, imaxinación e nos permita manter os nosos compromisos de inclusividade, solidaridade e respeto a diversidade e diferenza.

unha aperta dende a ANPA os Irmandiños



xoves, 29 de novembro de 2018

Saúdos da nova ANPA

Queridas Familias,

Como sabedes este mes tivemos cambio na Directiva da ANPA e queremos enviarvos un saúdo e informarvos que estamos á vosa disposición para todo o que precisedes. Seguiremos colaborando para facer que a relación Familias-Escola resulte do máis satisfactorio e contribúa na educación dos nosos cativos e cativas.

Gracias por seguir apostando por colaborar ca ANPA e esperamos que nos próximos meses recibamos as vosas suxerencias, comentarios e colaboración nas diferentes actividades que organicemos.

Aproveitamos para recordarvos que o novo horario da ANPA é os martes e venres de 9.00 a 10.00 horas e os xoves de 16.30 a 17.30 horas.
As actividades seguirán como ata agora e, neste período de transición, valoraremos a súa continuación, modificación ou mellora, seguindo os vosos comentarios.

Lembrade que a través do whatsaap, do blogue e do correo electrónico, recibiredes información das próximas actividades. Ao mesmo tempo que esperamos recibir as vosas suxerencias tamén a través destes medios.

Vinde a coñecernos!!!
Saúdos

xoves, 22 de novembro de 2018

Obradoiro Ioga-emociona para pais e nais



O pasado mércores 21 de novembro tivemos a oportunidade de disfrutar dun obradoiro de IOGA EMOCIONA ca profesora María Carballo. Éramos muy pouquiños, pero foi unha gran experiencia.




Convertímonos durante duas horas en superheroes e estivemos a explorar os nosos superpoderes. Xogamos, pensamos, sentimos, compartimos, rimos,... pero sobre todo descubrimos a consciencia atenta. Foi apasionante.

Pero a experiencia soubonos a pouco e esperamos poder repetila moi pronto.

Se alguén quere documentarse un pouquiño, María recomendounos estes libros.



Robótica: os nosos pequenos programadores

Este ano temos a actividade de Robotica e os nosos nenos divirtense facendo pequenas progamacións ou montando algún robot cas pezas de LEGO. Haberá algo máis divertido?
Aquí vos deixo unhas fotiños para que o vexades... Espero que vos gusten




domingo, 28 de outubro de 2018

Festa escénica de NADAL_ 4 de Decembro de 2018

¿Queredes pasar unha tarde diferente? 

Este ano o circo da Festa escénica que sempre visita a cidade polo Nadal, non vai a poñer a sua carpa en Castelao, como nos tiña acostumbrados, senon que se traslada ao Auditorio Mar de Vigo. Para quen non o coñeza deixamos o vídeo de promoción deste ano, e recordade que os animais non son de verdade.

Dende o ANPA poñemos a vosa disposición entradas para ir ao espectáculo o Martes 4 de Decembro, na sesión das 17:00h ou na sesión das 19:00h cun prezo de 6,5€ cada unha. Os nenos menores de 3 anos que non ocupen asiento non pagan, ainda que sí deben anotarse igualmente.

Se queredes ir tendes que enviarnos un mail anpaosirmandinhos@gmail.com, indicando cantas entradas queredes, se van nenos menores de 3 anos e á sesión para a que queredes as entradas. Tendes tamen que facer un ingreso na nosa conta polo importe total das entradas antes do día 11 de Novembro. Recordade poñer o nome do neno e a palabra circo no concepto.

 Despois de esa data non será posible adquirir as entradas a través da nosa ANPA. 

Cando teñamos as entradas, mandaremos unha difusión e poderedes pasar a recollelas pola oficina no horario normal de apertura.

Así que xa o sabedes. Se queredes ver este magnífico espectáculo cun prezo reducido, non deixedes pasar a ocasión.





domingo, 21 de outubro de 2018

OBRADOIRO AUTOPROTECCIÓN PARA MULLERES_ Novembro 2018

A CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO abre o prazo de inscrición para participar no seguinte obradoiro:

OBRADOIRO DE AUTOPROTECCIÓN PARA MULLERES

Dirixido a: mulleres maiores de 18 anos empadroadas en Vigo, agás alumnas derivadas polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller
Obxectivos e contidos:
O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que poida acontecerlles na súa vida particular.
No transcurso das sesións formativas as alumnas aprenderán a identificar situacións de risco, a estar alerta ante tentativas de agresión, e aprenderán e practicarán habilidades, técnicas e recursos para a súa protección e defensa... Esta formación permitiralles mellorar a súa capacidade de reacción, a súa autoestima e a súa confianza persoal.
O primeiro día do obradoiro realizarase unha sesión introdutoria sobre os aspectos psicolóxicos na autoprotección desde unha perspectiva de xénero, que será impartida pola psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
As seguintes sesións serán impartidas por instrutores da Policía Local.
Datas: 30 de outubro, e 5, 6, 8, 9, 12, 13, 15 e 16 de novembro. 9 sesións. 19 horas
Horario: 16:30 a 18:30 h (agás a sesión introdutoria do día 30 que será de 16:30 a 19:30 h).
Lugar: Casa das Mulleres e instalacións da Policía Local. Concello de Vigo
Prazo e requisitos para a inscrición:
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Non é necesario ter unhas condicións físicas determinadas nin coñecementos previos sobre ningún tipo de arte marcial. A formación desenvolverase de tal xeito que todas as alumnas poidan realizar satisfactoriamente a actividade.
Inscrición previa desde o mércores 10 de outubro, e ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, de 9:00 a 13:30 h; ou ben a través do teléf. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h.
O persoal da administración local do concello non poderá participar nesta formación.
Protección de datos: os datos que vostede facilite incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación. A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas. O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, logo do consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase á dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo as persoas usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos que a difundades entre os vosos contactos e amizades.

Saúdos

CONSELLO ESCOLAR _10 DE OUTUBRO 2018

O pasado mércores 10 de outubro houbo consello escolar, e como tódos os inicios de curso aprobouse a Programación Xeral Anual (PXA 2018/2019) do noso centro. Neste documento o centro recolle cales son os obxectivos para este ano, qué medidas vai levar a cabo para acadalo, e con qué recursos conta para facelo.

Tamén aprobouse como día non lectivo do centro o 2 de novembro, a ainda que faltaba a confirmación da consellería, coidamos que non haberá cambios neste sentido, xa que a maioria dos CEIPs e IES de Vigo, elexiron este día como non lectivo.

Por último, e quizais o máis preocupante para nos, é a notificación das deficiencias que todavía temos no centro, que xa reclamamos con anterioridade e que persisten, como as alta temperatura nas aulas de infantil, o afundimento do chan en diferentes zonas da escola, e das que non recibimos contestación algunha. Pero que ademáis se ven agravadas polas averías no sistema de calefacción tendo en conta que chega o inverno; a avaría do ascensor, moi necesario tendo en conta que temos alumnado con dificultades na sua movilidade; e a falta de coidado da finca colindante que nos invade a sua vexetación e caen no noso patio frutos non comestibles, co perigo que elo supon para os nosos nenos.

Ante esta situación, comprometémonos como ANPA a presentar un escrito de queixa ao Concello que é quen debe arranxar esta situación, pois xa finalizou o periodo de garantía da obra, como paso previo a tomar outro tipo de actuacións mais contundentes de protesta. Nesta semana esperamos xa presentalo no Concello e vos manteremos informados.


SAMAIN EN LIBROS PARA SOÑAR

LIBROS PARA SOÑAR RETOMARÁ MAÑÁ AS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA
CON CONTOS DE MEDO EN VÉSPERAS DO SAMAÍN

Co lema ?Contos de medo?, LIBROS PARA SOÑAR retomou o venres, as 18:30 horas, a súa programación habitual de actividades de animación á lectura, trala paréntese estival. En vésperas do Samaín, o repertorio da sesión de contacontos inclue obras como ?Gato Guille e os monstros? de Rocío Martínez, o clásico ?Rufus, o morcego que adoraba as cores? de Tomi Ungerer, e ?Un dous tres, vampiro ti es? de Nadia Budde.

Vos animades a asistir?


xoves, 18 de outubro de 2018

CURSO ATENCIÓN URXENCIAS SANITARIAS_ Novembre 2018


Seguro que moitas veces pensamos o importante que é ter coñecementos básicos para atender no primeiro momento os nosos nenos e non tan nenos, se nalgún momento pasase algo... Pois agora tedes a oportunidade de aprendelo!

A Consellería ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.

Esta formación  desenvolverase no IES Politécnico de Vigo (Torrecedira, 88  C.P. 36208, Vigo ) os días 12, 19 e 26 de novembro en horario de 16:30 a 19:30.

Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 7 de novembro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 30 prazas.

Apuntádevos!


mércores, 17 de outubro de 2018

XUNTANZA DE FAMILIAS NEAE_ 27 Outubro 2018



FOANPAS organiza unha xuntanza de familias NEAE o vindeiro sábado 27 de outubro no IME, sito en Camiño do Chouzo, nº 2 (Vigo), dende as 10:00 ata as 14:00 horas.

Cal é a situación do alumnado NEAE na escola? Cales son as súas necesidades? Estanse a cubrir? Son suficientes os recursos cos que se conta? Cal é a función das aulas específicas? E a familia que papel ten?

Convocamos a todas as familias NEAE a esta xuntanza na que analizaremos, reflexionaremos e debateremos sobre a inclusión educativa e sobre a situación do alumnado NEAE nas aulas. O noso obxectivo é chegar á Administración para que se respecten os dereitos do alumnado con diversidade e poder acadar o seu benestar nas aulas.

Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: foanpas@foanpas.com ata o 26 de outubro. Para facilitar a vosa asistencia contaremos con servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos (previa inscrición e se hai un mínimo de 5 nenos/as anotados/as).

Pregamos difundades esta información entre as nais e os pais do voso centro, especialmente aquelas familias que teñen fillos e fillas con necesidades específicas de apoio educativo. A unión de todas as familias é importante e queremos coñecer a opinión e situación de todas.

Agradecendo a vosa colaboración e agardando sexan do voso interese.

mércores, 10 de outubro de 2018

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA 2018


RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E
PROCESO ELECTORAL

Estimadas familias,

Por mor da renuncia voluntaria ao cargo da Xunta Directiva actual deberemos convocar unha Asemblea para elixir un novo equipo.

CANDIDATURAS

Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*
 
* As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elixindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: Presidente/a, vicepresidente/a, tesoreiro/a e secretario/a; ademais, poderán existir tantos postos de vogais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, polo menos, catro membros.

Como xa vos informamos, calquera membro socio/a ao corrente de pago ten dereito a presentarse como candidato. Animámosvos a todos/as a que presentedes candidatura, e poñades en marcha os vosos proxectos e ideas. No entanto, e vista a experiencia en cursos anteriores, debedes ter en conta que calquera cargo, sexa o que sexa, dentro da Xunta Directiva, require dunha mínima dedicación de tempo por parte dos seus integrantes, xa que diso DEPENDE O BO FUNCIONAMENTO das actividades extraescolares, así como moitas outras xestións habituais que as ANPAS realizan: colaboración en proxectos co centro, promover as boas relacións entre a Directiva e os docentes do Centro coas familias, representación no consello escolar do centro, xestión das subvencións, xestión económica e administrativa da asociación, representación da asociación perante calquera organismo ou en  reunións con anpas do municipio, información e promoción de actividades formativas e culturais … 


PROCESO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓNS
 
Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ao efecto (disponible na oficina e no blogue na zona de documentos descargables), desde o próximo día 24 de outubro ao 4 de novembro de 2018.

Poderedes entregalo en man no local da ANPA, ou depositar na nosa caixa de correo.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, estas expoñeranse públicamente no taboleiro de anuncios da ANPA no centro, así como no blogue da asociación https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/  e enviarase por tokapp co fin de publicitar ao máximo as candidaturas entre os socios/as. O período de publicación será do 5 ao 11 de novembro de 2018.

Cando finalice o período de publicación de candidaturas, convocarase aos socios a duas Asembleas xerais o martes día 13 de novembro de 2018. Primeiro teremos unha asemblea ordinaria para a presentación das contas e memoria das actividades realizadas 2016-2018 e despois outra extraordinaria para a presentación das candidaturas. Desta asemblea extraordinaria sairá a Xunta Directiva da ANPA Os Irmandiños para o período 2018-2020.

RESUMO
·         10 outubro 2018 publicación do proceso de eleccións
·       Do 24 de outubro ao 4 de novembro de 2018 prazo de presentacións de candidaturas conxuntas
·       Do 5 ao 11 de novembro de 2018 período de publicación das candidaturas
·       13 de novembro de 2018 asemblea xeral ordinaria e extraordinaria. Recordamos que é necesario estar ó día nos pagos para poder votar.



Animámosvos a participar e así colaborar de forma activa pola educación dos nosos fillos.

            Moitas grazas e un saúdo,


ANPA Os Irmandiños

mércores, 26 de setembro de 2018

LISTAXE DE ACTIVIDADES EN SECO DO MQA CURSO 2018-2019


Os que solicitachedes actividades en seco de MQA, estades admitidos, tal e como esperabamos.

Recordovos que o primeiro día hai que chegar un pouco antes para arranxar o tema do carnet, e como sabedes tendes que deixar una fianza que recuperaredes ao final do curso, cando devolvades o carnet.

Tamén é importante que nos vos olvidedes levarlles ós nenos ropa adecuada para a súa actividade. Non se pode entrar co calzado da calle na sala da actividade. Temos que ser puntuais á hora de deixar e recoller aos nenos na porta da sala da actividade correspondente. Se tendes que axudar aos vosos fillos a ducharse, debedes levar chanclas. Non se pode entrar na zona das duchas co zapato da calle.

Recordarvos tamén que mentres os nenos están na actividade, o acompañante pode facer uso da piscina ou da sala de maquinas. Así que ide preparados e aproveitade o tempo!!!

As altas e baixas, se tramitan na ANPA, non no MQA, así como calquer problema, duda ou consulta. NOS somos os interlocutores, recurride a nos e solucionaremolo!

O pago realizase cuadrimestralmente, polo que rogamos que fagades o ingreso canto antes na conta do ANPA (importante que figure no concepto o nome do neno). En Xaneiro enviaremos un recordatorio para os que queirades renovar a actividade.



TAEKWONDO MQA  

ALUMNO
CURSO
Varela Agalakova, Daniel
6ºEI


PILATES MQA    

ALUMNO
CURSO
Campo Hermida, Mauro
6ºEP


ZUMBA MQA      

ALUMNO
CURSO
Leiros Caamaño, Sofía
5ºEI

LISTAXES DOS ADMITIDOS NA PISCINA DO MQA CURSO 2018-2019

Cómo xa esperábamos, todos os que solicitachedes a actividade da piscina no MQA de Navia, ESTADES TODOS ADMITIDOS!

Recordovos que o primeiro día hai que chegar un pouco antes para arranxar o tema do carnet, e como sabedes tendes que deixar una fianza que recuperaredes ao final do curso, cando devolvades o carnet.

Tamén é importante que nos vos olvidedes de que os nenos necesitan levar gorro, gafas, bañador e chanclas e toalla. A actividade comeza as 16:30, a esa hora deben estar preparados na porta do vestiario para que o monitor poidan levalos aos seus grupos. É tendes que recollelos ás 17:15. Se tendes que axudar aos vosos fillos a ducharse, debedes levar chanclas. Non se pode entrar na zona das duchas co zapato da calle.

Recordarvos tamén que mentres os nenos están na pisicina, o acompañante pode facer uso da piscina ou da sala de maquinas. Así que ide preparados e aproveitade o tempo!!!

As altas e baixas, se tramitan na ANPA, non no MQA, así como calquer problema, duda ou consulta. NOS somos os interlocutores, recurride a nos e solucionaremolo!

O pago realizase cuadrimestralmente, polo que rogamos que fagades o ingreso canto antes na conta do ANPA (importante que figure no concepto o nome do neno). En Xaneiro enviaremos un recordatorio para os que queirades renovar a actividade.

Este ano non se admitirá cambios no dias elexidos durante o cuadrimestre.

Cando xa teñan o grupo definido (mais ou menos en novembro) o ANPA subvencionará a quén o necesite, o gorro pertencente á cor do grupo ó que pertenza. Xa vos avisaremos para que o recollades en recepción.




PISCINA MARTES MQA
(16:30-17:15)

ALUMNO
CURSO
Colón Guerrero, Sofía
5ºEI
Corbacho Gómez, Ariadna
6ºEI
Fernández Patao, Claudia
4ºEI
Fernández Patao, Hugo
6ºEI
Rodríguez Lojo, Hernán
3ºEP
Varela Agalakova, Daniel
6ºEI


PISCINA XOVES MQA
(16:30-17:15)

ALUMNO
CURSO
Agulla Forneiro, Xián
6ºEI
Alonso Lejido, Tiago
4ºEI
González Arenaza, Julieta
4ºEI
Iglesias Pardo, Erea
2ºEP
Iglesias Pardo, Xián
4ºEI
Lima Dos Santos F, Dastán
3ºEP
Lima Dos Santos, F, Eiden
1ºEP
Lima Dos Santos, F, Francisco
5ºEP
Romero Álvarez, Diego
3ºEP
Santomé Vázquez, Nerea
5ºEI
Santomé Vázquez, Gabriel
4ºEP

PISCINA MÉRCORES MQA
(16:30-17:15)

ALUMNO
CURSO
Benedicto Frade, Adrián
2ºEP
Benedicto Frade, Mara
5ºEI
Carbajal Martínez, Sergio
2ºEP
Cedrón Bastos, Xoel
5ºEI
Dacosta Fernández, Asier
5ºEI
Domínguez García, Catalina
2ºEP
Frechoso López, Pablo
2ºEP
García Moreno, Amanda
6ºEI
Márquez Domínguez, Marta
2ºEP
Oitavén Fernández, Alexandre
4ºEP
Quintá Campos, Irene
1ºEP
Quintá Campos, Luis
4ºEI
Quintana Ancosmede, Xosé
2ºEP
Quinteiro Ballesteros, Adrián
5ºEP
Ramos Vila, Antón
1ºEP
Rodríguez Montaña, mar
1ºEP
Rosende Fernández, Darío
2ºEP
Torres Oitavén, Mateo
5ºEI