Este blog quere ser un medio de información e comunicación das familias do CEIP o Rocío. A nosa oficina está na planta baixa do colexio vello. contacta: anpaosirmandinhos@gmail.com tel: 604026358
venres, 5 de febreiro de 2021
luns, 25 de xaneiro de 2021
Renovación xunta directiva Anpa
RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA
Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*
* As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elixindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: Presidente/a, vicepresidente/a, tesoreiro/a e secretario/a; ademais, poderán existir tantos postos de vogais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, polo menos, catro membros.
Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ao efecto (disponible na oficina e no blogue na zona de documentos descargables), desde o próximo día 25 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2021.
sábado, 9 de xaneiro de 2021
FESTA NADAL
venres, 4 de decembro de 2020
Xogos patio escola
Este ano tan diferente en todo, os nos@s nen@s non podían xogar nos recreos coma os outros anos. Por este motivo desde a escola plantexaron a idea de pintar o patio con diferentes xogos. A idea pareceunos moi boa e decidimos dende a Anpa colaboraborar axundando a escola pagando todos os xogos.
Queremos agradecer a tódolos pais que pertencen a Anpa por colaborar facendose socios neste ano tan atípico. Gracias a vos podemos seguir facendo cousas en colaboración co centro para que todos @s nen@s da escola poidan disfrutar. Sen os socios nada de isto sería posible. Por iso queremos animar a aqueles que ainda no son socios a que o fagan, porque todo o que facemos e para tod@s @s nen@s da escola socios ou non.
Para nos como Anpa e como nais e pais parecenos importante que @s nos@s fill@s pasen por estos momentos tan atípicos coa maior normalidade posible. E facendo todo o que poidamos para que esta situación non lles resulte estresante.
MAGOSTO 2020
@s nen@s xogaron a xogos tradicionais como carreiras de sacos, lanzamento de buxainas, carreiras de castañas... e despois de pasalo tan ben puideron disfrutar das castañas. Queremos destacar que en todo momento os profesores coidaron de que se mantivese as normas do protocolo e desinfección.
Este ano chamuscaronse un pouquiño, pero o importate e que os nenos desfrutaron moito a pesar das circustancias que vivimos.
Coma todos os anos a Anpa colabora coa festa do magosto comprando as castañas e asandoas.
Outros anos as familias tamén colaboran (facendo os conos, picando e asando castañas, axudando nos xogos...) e disfrutan da festa c@s nen@s, pero este ano debido os protocolos non puido ser pero para o ano teremos máis e mellor.
venres, 20 de novembro de 2020
V CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES
V CAMPAÑA SOLIDARIA
DE RECOLLIDA DE XOGUETES
Coa chegada do Nadal queremos repetir
a campaña solidaria de recollida de xoguetes.
Este ano debido as circunstancias polo
Covid non se poderán deixar na escola.
Os xoguetes entregaranse no local da Anpa. Deberedes avisar por whatsapp
o teléfono da Anpa (604026358) con
antelación para que poidamos abrirvos a porta. As datas para a recollida serán do 23 de novembro ó 14 de decembro.
Os xoguetes teñen que estar en bo
estado, limpos e completos. Pensade que son para entregar a outros nenos o
día do Nadal.
Todo o que recollamos donarémolo un ano máis a Asociación VIDA DIGNA,
quen os revisará, catalogará é repartirá as familias que o necesiten.
ANIMADEVOS A COLABORAR
sábado, 24 de outubro de 2020
E si non hai Anpa que?
E se non hai ANPA, ¿qué?
Ola a todxs
Tal como xa comunicamos, este ANPA iniciou un proceso de eleccións para renovar a xunta directiva. A día de hoxe ninguén mostrou interés por participar na ANPA. Queremos puntualizar que pasaría si non houbera ANPA, tanto para aqueles que son socios como para aqueles que consideran que non é necesario ser socio da ANPA.
Tamén queremos remarcar a importancia de facerse socio da ANPA para que o funcionamento de todo isto poida seguir adiante. Entendemos que este ano é diferente polo que estamos a vivir, e o número de socios é moi baixo, pero queremos que saibades que a ANPA non son só actividades extraecolares. Os socios son a parte fundamental da ANPA.
1) Non habería aula matinal: a aula matinal existe gracias a ANPA, sen ANPA deixaría de prestarse este servicio tan necesario para a conciliación familiar.
2) Non habería actividades extraescolares: a xestión de todas as extraescolares realízaas a ANPA. Sin ANPA podemos esquecernos de patinaxe, natación, robótica, baile, etc. Ademáis o precio nesas actividades é moi reducido grazas as xestións que realiza a ANPA.
3) Non habería colaboracións coa escola: todas as colaboración coa escola, tanto económicas (diñeiro para compra de material, obradoiros diversos, festas do magosto, nadal, excursións, entradas de cine, etc) como doutro tipo (reclamando as institucións cousas necesarias como representantes de todos os pais, propondo diversos tipos de obradoiros e charlas, o proxecto de igualdade do curso pasado,) Disto beneficianse todos os alumnos da escola sexan socios ou non, e non sería a nosa intención segregar ao alumnado por estar ou non asociado.
4) Non habería comunicacón coa escola: como ANPA recibimos as queixas e suxestións dos pais transmitindollas á dirección da escola. Sen ANPA isto tampouco sería posible. Un dos nosos obexctivos dende o principio era estreitar os lazos entre toda a comunidade educativa.
5) Non habería festas: tanto as festas organizadas pola ANPA (fin de curso, chocolatada de Nadal,..) como aquelas organizadas pola escola e nas cales colaboramos (magosto comprando castañas e asándoas, os caramelos de Nadal e axuda na preparación das función dos nenos, entroido. Sen ANPA non habería ningún tipo de evento festivo, dos cales disfrutan todos os nenos da escola sexan socios ou non.
6) No habería comunicación co concello e administracións: a ANPA encargase de reivindicar melloras para a escola facendo escritos e recollendo firmas para presentar nas diferentes administracións. A veces é difícil conseguir cousas pero sen ANPA seríamos
inexistentes e non nos terían en conta.
7) Non habería subvencions nin convenios de colaboración: a ANPA encárgase de pedir subvencions e buscar convenios de colaboración para poder realizar actividades a un precio menor (festas, extraescolares, obradoiros, charlas etc). Todos os anos a ANPA presenta proxectos ás administracións para recibir subvencións de extraescolares, proxectos de igualdade,etc. Sen ANPA isto perderase.
8) Non habería contratación de seguros: para todas as
actividades que se realizan pola ANPA hai una contratación de seguros de
responsabilidad civil e de accidentes. Sen ANPA isto tampouco sería posible
9) E moito máis: e máis accións
que aínda que sexan menores son tamén relevantes para o día a día dos nosos fillos.
Reflexionemos se estamos dispostos ou non a ter unha escola sen ANPA. Por
tanto se alguen quere dar un paso adiante e colaborar aínda que sexa mínimamente na ANPA (mínimamente significa comprometerse por exemplo a facer unha pequena
tarefa xa sexa presencial ou non) que se poña en contacto con calquera dos
membros da xunta directiva actual o antes posible.
Polo tanto na reunión do próximo venres 30 necesitamos concretar a situación e que haia un mínimo número de persoas que estean dispostas a colaborar dentro da directiva como vogais.
O paso seguinte será convocar unhas novas eleccións en Xaneiro ás que esperamos que por responabilidade colectiva de todas as nais e pais se presenten candidaturas.
Grazas a todxs
ANPA Os Irmandiños























