xoves, 29 de setembro de 2016

LISTA DE ADMITIDOS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ACTUALIZADA!

Por fin temos a lista de admitidos nas actividades que se levarán a cabo no noso centro. Podédes consultalas pinchando no nome de cada unha das actividades:

FÚTBOL

INGLÉS LUNS ACTUALIZADO

INGLÉS MARTES

INGLÉS MÉRCORES

INGLÉS XOVES

MÚSICA E MOVEMENTO (ACTUALIZADO)

ROBÓTICA (1h 30´)

BAILE MODERNO (ACTUALIZADO)

TAEKWONDO

ATLETISMO (1h 30´) ACTUALIZADO

BALONMÁN ACTUALIZADO


A actividade de XADREZ está a ser valorada pola empresa que a imparte, tendo en conta o número de alumnos anotados, mañá saberemos algo máis. As actividades de ABACO, BALONCESTO e PERCUSIÓN CORPORAL non teñen o número mínimo de alumnos esixido para levarse a cabo, por iso, os alumnos que estaban anotados nestas actividades poden inscribirse noutras que sí se van a realizar, sempre e cando non estean completas. Para facelo, poñédeos en contacto con nos:

anpaosirmandinhos@gmail.com


Recordade que para participar nas actividades tedes que ser socios do ANPA e ter cuberta a solicitude de inscrición. As actividades darán comezo a primeira semana de outubro.

venres, 23 de setembro de 2016

CONVOCATORIA DE REUNIÓN INFORMATIVA

Convócase a tódalas familias do centro interesadas a unha reunión informativa do ANPA co fin de tratar as actividades extraescolares previstas para este curso escolar e a próxima renovación da Xunta Directiva, así como as dúbidas que teñades.

O luns 26 de setembro de 2016 as 16.00h no comedor

Gustaríanos contar convosco e coas vosas achegas e suxestións para
conseguir un mellor funcionamento da Asociación, que redunde no ben de
tod@s

Moitas grazas e un saúdo

xoves, 22 de setembro de 2016

LISTA DE ADMITIDOS NA ACTIVIDADE DE PISCINA

Bos días a todos e a todas!!! Por fin xa temos as listas de admitidos na actividade de piscina tanto no Mais Que Auga (MQA) de Navia, coma no Pavillón do Carme. Recordámosvos que debedes facer o ingreso antes do 05 de outubro sinalando si é na piscina do Carme (29,60 euros) ou no MQA (44 euros) e máis o nome do neno. A actividade comezará a primeira semana de Outubro.


LISTA DE ADMITIDOS NA PISCINA DO CARME


MARTES_ 15:45


XOVES_ 16:45

CAAMAÑO TUBÍO, INGRID
CAAMAÑO TUBÍO, SANDRA
SIO SANHA, VANESA EUGENIA
BASTOS RUBIO, IRENE
GAMALLO GÓME, IVÁN
GONZÁLEZ MARTÍNEZ, MIGUEL
MARTINS BRUÑA, ASIER
PIÑEIRO PÉREZ, LUCAS
RAMOS VÁZQUEZ, DAVID
RAMOS VÁZQUEZ, SAMUEL











LISTA DE ADMITIDOS EN PISCINA MQA (NAVIA)


MARTES_ 16:30




MÉRCORES_ 16:30



BENEDICTO FRADE, ADRIÁN
AGULLA FORNEIRO, XIÁN


CARBAJAL MARTÍNEZ, SERGIO
CAMPO HERMIDA, MAURO


CORBACHO GÓMEZ, ARIADNA
COMESAÑA NUÑEZ, PEDRO


COSTALES FERNANDEZ, IYAN
COMESAÑA NUÑEZ, UXÍA


LIMA DOS SANTOS FRUNHINSELD, FRANCISCO
ESTEVEZ MIGUEZ, ALEXANDRA


LIMA DOS SANTOS FRUNHINSELD, DASTAN
ESTEVEZ MIGUEZ, SARELA


QUINTÁ CAMPOS, IRENE
FERNÁNDEZ PATAO, HUGO


QUINTANA ANCOSMEDE, XOSÉ
FRECHOSO LÓPEZ, PABLO


RODRÍGUEZ PEQUEÑO, JULIA
GIL GARZA, AINHOA


RODRÍGUEZ PEQUEÑO, LUCAS
OITAVEN FERNÁNDEZ, ALEXANDRE


ROSENDE FERNÁNDEZ, DARÍO
QUINTEIRO BALLESTEROS, ADRIÁN


BALDE FREIRÍA, VALERIA
DOMINGUEZ GARCÍA, CATALINA
RAMOS VILA, ANTÓN


VARELA AGALAKOVA, DANIEL










martes, 20 de setembro de 2016

RECORDATORIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Durante este mes estamos a preparalas actividades extraescolares, e queremos comezar as clases en outubro, por eso vos rogamos que entreguedes canto antes a solicitude de actividades. Así podemos organizarnos para comezar en plazo.

Como novidade este ano, tamén ofertamos actividades que se desenrolan no centro de Mais que Auga de Navia. Aquí podedes consultar o dossier que nos enviaron, nel podedes ler sobre as diferentes actividaes e os prezos.  Algo interesante é que os pais podedes acceder á piscina ou á sala de fitness mentres os nenos están na actividade elexida.

Recordade que tendes que presentar a solicitud antes do venres 23 de setembro.

En breve poremos a relación dos alumnos admitidos nos diferentes grupos de piscina, Estade atentos!! 

luns, 19 de setembro de 2016

MANIFESTACIÓN POR UNHA NOVA ZONIFICACIÓN, 22 SETEMBRO


O próximo xoves 22 de setembro haberá unha manifestación para reivindicar unha nova zonificación na que impere o criterio de cercanía. Todalas ANPAS dos colexios adscritos ao IES ALEXANDRE BÓVEDA estamos convocados, e sairemos dende cada centro para xuntarnos á manifestación xeral. É moi importante que veñades e vos impliquedes nun tema que nos afecta a todos. 

Para obter máis información sobre o problema da zonificación, podedes consultala entrada que fixemos neste blogue fai uns días aquí.  

Sairemos dende a porta do noso Centro, ás 18:15 e nos xuntaremos cos otros colexios na avenida de Castelao, na zona dos volcans.

Vos esperamos.

domingo, 18 de setembro de 2016

RECORDATORIO!!!!!

Sabemos que no inicio do curso todos andamos agobiados ou despistados, ou ambas cousas!!! Así que vos recordamos que tanto para o uso do aula matinal coma das actividades extraescolares, é necesario ser socios do ANPA e ter entregadas as solicitudes de inscrición. Tendes todo este mes para formalizalos trámites.

Ainda que xa fórades socios o ano pasado, debemos ter CADA ANO a solicitude para ser socio con tódolos datos cubertos que aparecen no impreso. E ainda que o ano anterior estiverades facendo uso do aula matinal ou participarades nas actividades extraescolares, debedes renovar a inscripción, xa que nós non podemos saber quén quere continuar se non se solicita. Tódalas solicitudes as podedes descargar dende este blog, e deixarnolas no buzón da asociación ou mandalas por e-mail a:

anpaosirmandinhos@gmail.com

Tamén recordárvos que nos ingresos debe aparecer o nome do neno ou nena e o motivo do pago: cota anual, aula matinal, ...

Necesitamos saber canto antes en qué matricularedes os nenos para poder facer os grupos, ver qué actividades cumpren co número mínimo de alumnos para levalas a cabo, contactar co profesorado,... para comezar en outubro. Así que non o deixedes para o último momento.

Publicaremos o listado das actividades e dos nenos admitidos no tablón do ANPA e neste blog.



xoves, 15 de setembro de 2016

NOVAS ACTIVIDADES NO MAIS QUE AUGA

Como novidade este curso escolar 2016-2017 o ANPA OS IRMANDIÑOS xestionará as inscricións nas actividades extraescolares que organiza a Area Deportiva MAIS QUE AUGA.

 As actividades desenrolarase nas instalacións de Mais Que Auga en Navia, sendo o prezo cuadrimestral de 44,00€ (45´/semanal). Podedes consultar a oferta de actividades e os horarios no cadro adxunto ou no dossier. As familias que esteades interesadas debedes cubrir o formulario que podes descargar dende aquí, e entregalo no local ou na caixa de correos do ANPA ao mais tardar o venres 23 de setembro do 2016.




 Avisaremos aos que teñan praza para cubrir a inscrición e que fagan o ingreso, na conta da Asociación, indicando sempre o nome do nen@.

 NÚMERO DE CONTA DO ANPA ES 61 2080 5016 03 3040006416

 Recordamos que para participar nas actividades debedes facervos socios, a cota anual por familia son 15 euros, animádeos!

 Para resolver calquera dúbida anpaosirmandinhos@gmail.com

luns, 12 de setembro de 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Aquí tedes o horario provisional das actividades Extraescolares propostas polo ANPA para este curso 2016-2017



Recordarvos ás familias usuarias das actividades extraescolares:

  •  Para levar a cabo as actividades é necesario un número mínimo de alumn@s , pregamos un compromiso de asistencia pola vosa parte para un bo funcionamento.
  • Si @ alumn@ desexa darse de baixa dunha actividade debedes avisar antes do día 20 do mes anterior.
  • Nas actividades cun número limitado de alumn@s (piscina ou inglés) terán preferencia os nenos e nenas que xa participaran na actividade o curso anterior.
  • As actividades deben abonarse na conta da ANPA antes do día 5 do mes. Lembrade indicar no concepto o nome do alumn@ e as actividades abonadas.
  • Ao finalizar as actividades os monitores deben entregar aos alumn@s ás persoas autorizadas polo seu pai/nai/ titor.
  • Si o comportamento d@ nen@ non fose o adecuado impedindo o correcto desenvolvemento da actividade avisaríase ao seu pai/nai/titor.
  • Si este comportamento inadecuado sucédese de forma reiterada valoraríase suspender de forma temporal ou definitivamente a súa asistencia á actividade.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Hoxe foi o primeiro día de colexio, e nos alumnos as emocións mezcláronse entre a pena polo fin das vacacións e a ledicia por ver de novo os compañeiros. Os máis pequenos comezaron o seu periodo de adaptación, e para os pais comeza o quebracabezas de ver como conciliar a vida laboral e familiar.

Algúns xa pasáchedes polo local do ANPA para interesarvos polas actividades, o aula matinal, ...  e agora toca valorar as actividades nas que inscribir os vosos fillos e as vosas fillas. Para poder comezar en outubro, é importante saber con cantos alumnos contamos para cada actividad, e para iso os deixamos a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN para as actividades extraescolares, que podedes descargar e entregar no local do anpa ou no noso buzón.

Recordámosvos tamén que para ser socios do ANPA, ademáis de facer o pago da cuota anual, todos debemos entregar a ficha de inscrición de socio.

E xá sabedes, para calquera duda podédes escribir nos noso blog ou escribirnos un mail o noso e-correo:
anpaosirmandinhos@gmail.com

domingo, 11 de setembro de 2016

MANIFESTACIÓN E CONCENTRACIÓN POR UNHA NOVA ZONIFICACIÓN


Este curso comenza con moita actividade reivindicativa. Moitos xa estaredes ao tanto do problema que temos co Instituto de Secundaria ao que estamos adscritos, posto que teñen asignados 7 unidades de 6º E.P., pero contan só con 5 unidades de 1º da ESO. Esto obriga o centro Alexandre Bóveda a baremar, e a Consellería de Educación pretende desprazar aos alumnos dalgúns centros a outros moito máis lonxanos. E os que consigan quedar quedar no Alexándre Bóveda, verán mermada a calidade do ensino pola saturación de alumnos. Despois de intentar chegar a un acordo con diferentes autoridades educativas, sen recibir resposta, plantexamos unha serie de actividades reivindicativas. A primeira é unha manifestación organizada polo ANPA de Balaidos,  mañá luns 12 de setembro, dende o CEIP Balaidos ate o IES Alexandre Bóveda ás 19:00 h. É importante a asistencia, xa que este problema aféctanos directamente como centro adscrito.
Un resumo dos puntos importantes podería ser o seguinte:
  1. Defender o dereito a unha educación pública de calidade sen que esté supeditada ao interese ou vontade política.
  2. Cuestionar o desprazamento innecesario de nenos en transporte escolar, para cubrir as liñas contratadas, cando cunha nova zonificación non faría falla.
  3. Protestar polo o traslado de nenos na ESO a centros lonxanos, debido a reserva de espazos de centros de proximidade  para atender as necesidades de Bacharelato do alumnado do ensino concertado.
  4. Solicitar a adscrición dos centros con criterios de racionalidade tendo en conta a proximidade entre os centros de secundaria e os adscritos,  sen hipotecar o espacio da rede pública en función das necesidades futuras do alumnado dos centros concertados.
 
O vindeiro xoves, 15 de setembro, tamén as 19:00 h., haberá unha concentración en forma de cadea humana ó redor dos IES San Tomé, IES Sta. Irene, CEIP Altamar,  facendo unha muralla de libros de texto durante o percorrido. Esta concentración reivindicará tres puntos clave:
* Unha nova zonificación para a cidade de Vigo
* O rexeitamento da LOMCE
* Volta a gratuidade universal en sistema de préstamo de libros de texto
É importante a nosa asistencia para facernos oir e defender unha educación pública de calidade.
 
Se queredes ver o comunicado completo que elaborou FOANPAS co tema da zonificación, podedes descargalo aquí.
 
 
 
 
 
 

 

   

sábado, 10 de setembro de 2016

BENVIDOS

Xa comeza un novo curso, para algún o primeiro, e dende o ANPA queremos darvos a benvida a todos e a todas. Para nós, este curso, tamén está cheo de novidades e con este post inauguramos o blog do noso ANPA. Esperamos que sirva para mellorar a comunicación con tódalas familias e que a información que vos facilitamos sexa do voso interés. Tamén aproveitaremos para subir fotos das actividades que facemos, avisos, novas,... e por suposto, esperamos a vosa participación e suxerencias, e así entre todos, darlle forma a este novo proxecto.

Recordamosvos que tódalas familias que desexen formar parte da asociación, deberá formalizar a inscrición durante o mes de Setembro. Podedes descargar aquí a solicitude de inscrición.

A cota anual por familia é de 15 euros anuais que deberán ingresarse na conta da Asociación (Abanca):

ES 61 2080 5016 03 3040006416 

Para facer efectiva a inscrición deberá entregarse fotocopia do xustificante de ingreso xunto a esta solicitude aos voluntarios no local da Asociación ou depositándoa na caixa de correos do ANPA. O local do ANPA permanecerá aberto a tal efecto de luns a venres de 9.00 a 10.00h.

A sinatura da ficha de inscrición supón a aceptación dos Estatutos da Asociación de nais e pais.

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PISCINA


 A actividade de piscina desenrolarase no pavillón de Mais Que Auga en Navia, e no pavillón do Carmen como o curso pasado. Terán preferencia aqueles alumn@s matriculados nesta actividade durante o
curso pasado.

 HORARIO  O CARMEN
 Martes 15.45-16.30h
 Xoves 16.45-17.30h

 HORARIO MQA (deberá ter 3 anos cumpridos)
 Martes 16.30-17.15h
 Mércores 16.30-17.15h

 PREZO CUATRIMESTRAL (1h/semanal)
 O Carmen 29,60€
 MQA 44,00€

As familias que esteades interesadas debedes cubrir o formulario que podes descargar aquí, e entregalo no local ou na caixa de correos do ANPA ao mais tardar o venres 16 de setembro do 2016.
Avisaremos aos que teñan praza para cubrir a inscrición e que fagan o ingreso,  na conta da Asociación, indicando sempre o nome do nen@.

 NÚMERO DE CONTA DO ANPA
 ES 61 2080 5016 03 3040006416

O AULA MATINAL

Recordarvos ás familias socias do ANPA que esteades interesadas no uso da aula matinal que o luns 12 de setembro xa podedes deixar @s alumn@s. O horario é de 7.30 a 9.00h.

A actividade desenrólase no comedor, con acceso desde o portalón do ANPA,debedes acompañar aos nen@s persoalmente ata a monitora responsable que de novo será Ana.

Non esquezades facer o pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes. No caso de necesidade pode facerse uso do servizo, comunicándoo no correo da ANPA npaosirmandinhos@gmail.com .
Prezos aula matinal
25,00€/nen@
22,50€/nen@ no caso de irmáns

Nos meses de Setembro, Decembro e Xuño (só computa medio mes) a cota será:
12,50€/nen@
11,25€/nen@ no caso de irmáns

Bono de 10 días 15 € (págase no local da asociación)
Día solto 2 € (págase no local da asociación)

Número de conta do ANPA :
ES 61 2080 5016 03 3040006416

Moitas grazas e un saúdo,